Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Concello abre a preinscrición para o servizo municipal de canguraxe durante o vindeiro verán

Cando:

18 de maio de 2024

As solicitudes para os seis espazos de atención á infancia poderanse realizar do 20 ao 22 de maio

O Concello pon ao dispor das familias da cidade un servizo de canguros que estará operativo do 25 de xuño ao 25 de setembro nos seis espazos de atención a infancia dos centros cívicos municipais. O Goberno de Inés Rey aposta por un servizo que é de grande axuda para moitas familias da cidade durante os meses non lectivos do ano.

A preinscrición poderase realizar do 20 ao 22 de maio nos horarios de apertura do servizo en calquera dos Espazos de Atención á Infancia e Ludotecas Coeducativas. Tamén se poderá facer a preinscrición en liña na páxina: https://www.coruna.gal/igualdade

As persoas solicitantes deberán cubrir a folla de solicitude, presencialmente ou en liña; ter o expediente actualizado e achegar documentación xustificativa dos ingresos da unidade familiar (ambo/as os/as proxenitores/as, se procede): nóminas, último pago de autónomos, prestacións ou outros.

A publicación das listaxes de admitidos/as farase o 11 de xuño no taboleiro dos Espazos de Atención á Infancia e Ludotecas Coeducativas ou no 010. As datas de atención do servizo para o verán de 2024 serán do 25 de xuño ao 10 de setembro nos siguientes horarios para cada espazo:

  • Labañou/Os Rosales: das 8.00 ás 15.00 horas
  • Castrillón: das 16.00 ás 20.30 horas
  • Monte Alto: das 8.00 ás 15.00 horas
  • Os Mallos: das 8.00 ás 15.00 horas e das 16.00 ás 20.30 horas
  • Palavea: das 8.30 ás 14.00 horas
  • Mesoiro: das 8.00 ás 15.00 horas

Só se poderá solicitar un único espazo en horario de mañá e un único espazo en horario de tarde. De solicitar máis dun espazo no mesmo horario a solicitude será anulada.

As persoas que precisen a modalidade de atención a domicilio deberán chamar ao Servizo de Canguraxe para facer a correspondente xestión. Teléfono de atención do Servizo de Canguraxe 673 132 372 en horario das 8.00 ás 14.00 horas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión